Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia- e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada LU-120. Vilalba-Meira, treito: Vilalba-cruzamento de Arneiro. (Clave: LU-00/49.1).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas de data 25 de abril de 2002 foi aprobado o

proxecto das obras de alargamento e mellora da estrada LU-120. Vilalba-Meira, treito: Vilalba-cruzamento de Arneiro. Clave: LU-00/49.1.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 23 de maio de 2002 declárase urxente, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Cospeito e Vilalba e na Delegación Provincial de Lugo, para compareceren no lugar, día e hora que se detalla a seguir, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación daqueles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor dos bens e dereitos, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: Casa do Concello de Cospeito.

Día: 8 de xullo de 2002, ás 9 horas.

Lugar: Casa do Concello de Vilalba.

Día: 9 de xullo de 2002, ás 9 horas.

Ó devandito acto deberán de acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa custa se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia sita na Ronda da Muralla nº 70, 27001 Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emenda-los posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 12 de xuño de 2002.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas