Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave N/PO/90.1 e catro máis.

a) Obra.

1. Acondicionamento da estrada PO-207 (antiga PO/VP/2408), treito Portodemouros-Vila de Cruces.

Clave: N/PO/90.1.

Orzamento: catro millóns seiscentos trinta e cinco mil catrocentos setenta e tres euros con dezanove céntimos (4.635.473,19 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Acondicionamento da PO-212, treito Agolada N-640, Rodeiro C-533.

Clave: N/PO/89.17.

Orzamento: seis millóns oitenta e seis mil douscentos corenta e un euros con cincuenta e nove céntimos (6.086.241,59 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Acondicionamento da estrada LU-760, 1ª fase, treito N-640 Ludrio-Mosteiro.

Clave: LU/99/020.01.

Orzamento: tres millóns trescentos cincuenta e nove mil oitocentos cincuenta e nove euros con noventa e oito céntimos (3.359.859,98 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Proxecto de construcción alternativa norte á C-550 na Ponte da Barca, Poio.

Clave: PO/99/049.01.

Orzamento: cinco millóns novecentos corenta e un mil cincocentos sete euros con setenta e catro céntimos (5.941.507,74 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo B, subgrupo 3, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Variante C-641, treito variante de Vilalba.

Clave: N/LU/91.22.

Orzamento: tres millóns novecentos mil oitocentos corenta e seis euros con setenta e dous céntimos (3.900.846,72 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo B, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2002, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta e de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda