Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona requirimento de documentación pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Fagilde González, Mª Alicia).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena, 30 de Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de maio de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Fagilde González, Mª Alicia.

DNI: 34582476-K

R/ Uruguay, 8, piso 4º (oficina 4 e 5). Vigo.

Procedemento: presentación de taxación do perito do interesado.

Expediente nº: T-7262/99.

Nº taxación: 71/01.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA