Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Oliveira Hortas, José e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora de distrito hipotecario de Vilagarcía de Arousa, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Alcalde Rei Daviña, 3, 1º B e C, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de maio de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Oliveira Hortas, José.

DNI: 35436226-B.

R/ Santa Eulalia, 15, 3º esq. Vilagarcía de Arousa.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: 629/2002.

Liq.: 600011113661.

Interesado: Navarro Díaz, Pedro.

DNI: 31397090-C.

Avd. da Ponte, 117, 2º B. A Illa de Arousa.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: 3088/1999.

Liq.: 600903123165.