Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BECERREÁ

EDICTO (7/1994).

Ulpiano González López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Becerreá

(Lugo), fai saber que nos autos que a seguir se dirán se dictou sentencia e auto aclaratorio, co encabezamento e decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Becerreá o oito de marzo de dous mil dous. Ulpiano González López, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá, tendo vistos os autos seguidos neste xulgado co número 7/1994, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador dos tribunais José Antonio Lorenzana Teijeiro, contra Antonio Tallón López, Fe Armada Fernández, declarados en situación procesual de rebeldía, e María López Díaz (falecida).

Decisión xudicial. Debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra Antonio Tallón López, Fe Armada Fernández e herdanza xacente de María López Díaz, ata facer remate dos bens embargados e co seu importe íntegro pagamento a Caixa de Aforros de Galicia da cantidade de vinteoito mil novecentos trinta e oito euros con nove céntimos, en concepto de principal, máis os xuros que se devenguen ata o día do causadas e que se causen, nas cales expresamente condeno os ditos demandados.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado en termo de cinco días.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Con data do 13 de marzo de 2002, dictouse auto de aclaración de sentencia, coa parte dispositiva que é do teor literal seguinte:

Procede aclara-la decisión xudicial da sentencia de data de 8 de marzo de 2002, dictada neste procedemento, no sentido de indicar que onde di: «...máis os xuros que se devenguen ata o día do causadas e que se causen», debe dicir: «...máis os xuros que se devenguen ata o día do pagamento, así como custas causadas e que se causen».

Así por esta auto o dispoño, mando e asino. Dou fe».

E para que conste e a súa publicación no DOG, para que lle sirva de notificación en forma á parte demandada, expido e asino este edicto en Becerreá o trece de marzo de dous mil dous.

O secretario