Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO (2012/2002).

Vigo, vinteseis de abril de dous mil dous.

Acordado na peza de apelación 2012/2002, dimanante dos autos de menor contía 3/2000 do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo, nos que aparecen como parte demandante Manuel Márquez Vieira, representado pola procuradora Rosario Díaz Moure e como parte demandada Antonio Veloso Rodríguez, Elvira García García (rebeldes), José Vidal González, María Salgado Quiroga, representados pola procuradora Amparo González Martínez e Tonino Valori, rebelde, dictouse sentencia do quince de abril de dous mil dous que na súa decisión textualmente di:

«Que acollendo en parte o recurso formulado por Manuel Márquez Vieira contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo o día 3 de setembro de dous mil un, condenámo-los demandados Antonio Veloso González, a súa muller Elvira García García, e José Vidal González e a súa muller María Salgado Quiroga, a que de forma conxunta, mancomunada ou por cuartas partes iguais lle restitúan ó demandante recorrente a suma de 6.255.000 pesetas cos xuros legais desde a data da última interpelación xudicial, que serán os do artigo 921 da LEC desde a data desta sentencia ata o completo pagamento. Todo isto sen facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias. Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra esta sentencia non cabe ningún recurso ordinario».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Tonino Valori, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE BECERREÁ