Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (430/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda.

Certifico que no rolo de apelación civil, ó que se fará referencia, se dictou a sentencia que literalmente di:

«(Apelación civil):

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

Na cidade de Ourense, o catorce de maio de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos, de xuízo impugnación de taxación de custas procedente do xulgado mixto número tres de Ourense, seguidos co número 40/2001, rolo de apelación nº 430/2001, entre partes, como apelante Arias del Río, S.L., representada pola procuradora Mª Angeles Sousa Rial, baixo a dirección do letrado Francisco Javier Sotelo Pérez, e como apelado Banco Santander Central Hispano, S.A., representado polo procurador Jesús Marquina Fernández, baixo a dirección do letrado Eloy Sotelo Novoa, e como apelado non comparecido, José Manuel Álvarez Vázquez. É ponente Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Decido que debemos declarar e declarámo-la nulidade da sentencia por terse excluído o trámite de dar traslado para informe ó colexio de avogados desta cidade, ó se impugnaren os honorarios e letrado por excesivos, debendo cumprirse tal tramitación polo Xulgado de Primeira Instancia número tres de Ourense, sen expresa imposición e custas nesta alzada.

Ó notificar esta resolución ás partes fáganse as indicacións que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efec

tos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa-Eufemia. Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricadas».

E para que así conste e para unir ó rolo de sala da súa razón, expido e asino esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública en Ourense, catorce de maio de dous mil dous.

Rubricado