Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-3/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 3 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle de reforma do edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos no que o promotor é a Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Terceiro.-Notificar ó promotor.

O que se fai público para xeral coñecemento, do fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación satisfaranse polo promotor do proxecto.

A Coruña, 13 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo