Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O concello pleno, en sesión celebrada o 30 de maio de 2002, acordou aproba-la proposta de desenvolvemento parcial no ámbito de actuación do SRAU-A na zona de Vinculeiro, fixar como condicións para o desenvolvemento do plan parcial nese ámbito o establecido nos puntos 5, 6 e 7 do informe do arquitecto de planeamento que consta no expediente e someter a información pública a solicitude polo prazo dun mes, mediante publicacións no DOG e un xornal dos de maior circulación na provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 13 de xuño de 2002.

O alcalde

Rubricado