Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 2DP/2002, polo procedemento aberto, para a contratación dun servicio de vixilancia e seguridade do edificio e instalacións desta dirección provincial, situado na rúa Durán Loriga número tres.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron concedidas polo Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica

do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

Servicio: vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da Dirección Provincial da Coruña situado en r/ Durán Loriga nº 3.

Orzamento: 27.020,64 A, IVE incluído (vintesete mil vinte euros con sesenta e catro céntimos).

Fianza provisional: non hai.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto (tramitación ordinaria).

2. Prazo de execución: un ano desde a súa formalización.

3. Admisión de variantes: non se admiten.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o TRLCAP.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares e a folla de especificacións.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, andar, tódolos días laborais, agás os sábados, desde as 9 horas ata as 14 horas.

7. Páxina web onde figuran informacións relativas a esta convocatoria: www.sergas.es.

8. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviaranse por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 18 56 78) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 5.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de maio de 2002.

María Silva Costoya

Directora provincial da Coruña