Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 10.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de lentes intraoculares e solucións viscoelásticas (C.P. 3/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade por Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril),

convoca o seguinte concurso público de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense, Dirección de Recursos Económicos, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52. E-32005 (Ourense). Teléfono: 988 38 59 49. Fax: 988 38 58 49.

b) Número de expediente: C.P. 3/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de lentes intraoculares e solucións viscoelásticas.

b) Número de unidades a entregar: as indicadas no punto 9.2 da primeira páxina do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lotes: 13. Posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

d) Lugar de entrega: Complexo Hospitalario de Ourense.

e) Prazo de entrega: ver punto 7.2 da primeira páxina do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 639.378,26 A, IVE incluído.

5. Garantías esixidas: -provisional: o importe indicado no punto 11 da primeira páxina do prego de cláusulas administrativas particulares para o lote/s ós que se concorra. -Definitiva: 4% do orzamento base de licitación do lote/s adxudicado/s.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: ver punto 1 deste anuncio.

b) Data límite de obtención de documentos: 29 de xullo de 2002, en días hábiles de 9 a 14 horas, agás sábados.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 18.2 da primeira páxina do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 29 de xullo de 2002, ata as 14 horas. Cando o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52. Edificio de Administración e Consultas Externas, planta baixa. 32005 Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si. Véxase punto 6 da primeira páxina do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Data, hora e lugar de apertura: 9 de agosto de 2002; 9 horas. Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense.

10. Outras informacións.

a) Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.

b) Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias da contratación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Criterios de adxudicación: ver punto 13 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lingua na que debe figura-la documentación que se presentará: castelán ou galego.

e) Prazo de execución: ver punto 7.1 da primeira páxina do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

g) Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

11. Gastos de anuncios: o pagamento dos anuncios do concurso será a cargo do adxudicatario/s.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 4 de xuño de 2002.

13. Páxina web onde se poden consulta-los pregos: http://www.sergas.es.

Ourense, 22 de maio de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense