Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta do I congreso e os estatutos da Federación de Alimentación e Téxtil da CIG.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta do primeiro congreso e os

estatutos da Federación de Alimentación e Téxtil da CIG, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos traballadores e traballadoras que desempeñen ou busquen desempeñar un traballo asalariado dentro dos seguintes sectores: agro, gandería, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, lácteas, cárnicas, alimentos compostos, conservas de peixe e vexetais, caza, frío-industrial, frigoríficos, bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto, empresas auxiliares.

Asinan a acta do I congreso: o secretario xeral, Xosé Fernández Piñeiro, e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais