Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Queseros de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Queseros de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer a devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que se dediquen á elaboración de queixos e que conten cunha explotación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Pablo Pascual García, representante da sociedade Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., e catro persoas máis representando a outras sociedades.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais