Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Piscifactorías de Trucha (Atrugal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 30 de maio de 2002 certificación expedida polo secretario da devandita asociación na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada o día 3 de maio de 2002, e que consisten na modificación do artigo 2 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais