Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002 pola que se convoca concurso público para a contratación do servicio que ten por obxecto a prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola Escola Galega de Administración Pública.

1. Obxecto.

Contratación do servicio que ten por obxecto a prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola EGAP.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

3. Orzamento de licitación.

O importe do orzamento máximo autorizado para a contratación é de 270.000 euros.

O prezo do contrato virá determinado pola suma das prestacións recibidas polo arrendador en función dos prezos/hora máximos seguintes:

Nivel 1: 20,89 euros.

Nivel 2: 17,21 euros.

Nivel 3.1: 114,53 euros.

Nivel 3.2: 14,53 euros.

Nivel 3.3: 13,53 euros.

Nivel 4: 11,31 euros.

Nivel 5: 10,82 euros.

4. Prazo de execución.

1 ano.

5. Obtención da documentación.

O prego de cláusulas administrativas poderase consultar no Servicio Económico-Administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións e no enderzo da Internet http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1397.

6. Fianza provisional.

5.400 euros.

7. Clasificación empresa.

Grupo III, subgrupo 3, categoría B.

8. Presentación de proposicións.

A documentación esixida no prego de cláusulas administrativas presentaranse en sobre pechado e lacrado no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de admisión será de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Apertura de proposicións.

En acto público que terá lugar na sala de xuntas da Escola Galega de Administración Pública ás 12 horas do terceiro día hábil contado a partir do día seguinte a aquel en que finaliza o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA