Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.974

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xuño de 2002 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 1/1997, convocado pola Orde do 9 de decembro de 1997, de conformidade coa setencia número 1341/2001, do 14 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 7, do 10 de xaneiro, publicouse a Orde do 27 de decembro de 2001 pola que se modificaba a do 9 de decembro de 1997 a través da que se convocaba o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia, sendo validada posteriormente pola Orde do 26 de marzo de 2002 (DOG nº 63, do 2 de abril), dándose por executada a primeira parte do ordenado na decisión da sentencia nº 1341/2001, do 14 de novembro.

Unha vez adoptado acordo polas comisións de valoración de méritos dos concursantes no que consta que, unha vez comprobados os datos, o requisito da puntuación mínima prevista na modificación das bases aprobadas mediante a Orde do 27 de decembro de 2001, cúmpreno todos eles, ratifican en tódolos termos a adxudicación que tivo lugar mediante a Orde do 31 de xullo de 1998, publicada no DOG nº 152, do 7 de agosto, esta consellería, de conformidade co citado acordo e co previsto na base V.6 da convocatoria, co obxecto de executar na súa totalidade o contido da decisión da sentencia anteriormente citada,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 1/1997, adxudicando ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo os postos de traballo que se especifican nel.

Segundo.-Ó non existir ningunha modificación respecto da adxudicación realizada a través da Orde do 31 de xullo de 1998, da presente orde non se deriva ningún tipo de efectos económicos nin administrativos respecto do persoal que figura no anexo, manténdose en todos eles a situación administrativa e económica na que se atopen actualmente.

Terceiro.-Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

AG-Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

AS-Asuntos Sociais.

CU-Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED-Educación e Ordenación Universitaria.

EF-Economía e Facenda.

EM-Emigración e Cooperación Exterior.

FA-Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC-Industria e Comercio.

MA-Medio Ambiente.

OT-Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE-Pesca e Asuntos Marítimos.

PR-Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

SA-Sanidade.

XU-Xustiza, Interior e Relacións Laborais.