Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.770

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ACORDO do 2 de maio de 2002, do Padroado da Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés, polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal.

En uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro), o Padroado da Fundación Pública Hospital do Salnés, autorizou a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, baixo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei. Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección do seu persoal, de conformidade coas seguintes bases:

1. Obxectivo do proceso de selección.

O proceso selectivo ten por obxecto a cobertura con carácter indefinido de determinadas prazas vacantes existentes na Fundación Pública Hospital do Salnés.

O número de prazas que se van cubrir neste proceso é o que se especifica no anexo I desta convocatoria, con especificación das categorías, áreas de traballo e requisitos básicos en cada unha delas.

2. Aspectos xerais.

2.1. Fases do proceso de selección. O proceso selectivo ten dúas fases. A primeira fase consiste na valoración dunha memoria sobre a súa área de traballo e a valoración do currículo; unha segunda fase consistirá nunha proba práctica ou exame teórico e nunha entrevista regulada . A puntuación de cada unha das fases especifícase no anexo II.

2.2. Lugares de información e recollida de solicitudes. Durante todo o proceso de selección a información da selección será facilitada na seguiente ofi

cina de Información. Fundación Pública Hospital do Salnés. Estromil, Ande-Rubiáns. 36600 Vilagarcía de Arousa. Horario: De 9 h a 15 h y de 16 a 18 h (de luns a venres). Teléfonos de información: 986 56 80 00, 986 56 80 34, 986 56 80 38.

2.3. Mesa de selección. Con motivo da selección constituirase unha mesa de selección encargada de garantir e supervisa-lo desenvolvemento axeitado do proceso en tódalas súas fases. Esta mesa de selección estará constituída por: un presidente ou persoa delegada por este, un secretario ou persoa delegada por este e alomenos tres vocais designados pola dirección do hospital.

A mesa de selección poderá contar coa colaboración dos asesores que considere oportunos.

A mesa adecuará as súas actuacións as da Lei de réxime xurídico das administracions públicas. Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

En ningún caso a mesa poderá declarar que superaron o proceso de selección un número superior de aspirantes que o dos postos convocados.

Á finalización do proceso selectivo, a mesa confeccionará unha relación ordenada por puntuación na que figuren os aspirantes que non obtiveron posto, para a súa posible contratación temporal, sempre e cando as necesidades de persoal existentes na empresa o requiran.

2.4. Documentación e reclamacións. Os requisitos e méritos examinados e valorados pola mesa de selección serán os alegados polos aspirantes dentro do prazo de presentación de solicitudes, non tendo en consideración os obtidos con posterioridade á finalización deste prazo.

Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na solicitude. O domicilio que figura na solicitude consideraráse o único válido para efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do concursante, tanto os erros na consignación deste como a non comunicación dos cambios de domicilio.

Os erros de feito que se advirtan en calquera das fases poderán corrixirse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado. Tódalas reclamacións que se realicen durante o proceso de selección, deberán enviarse por correo certificado á mesa de selección ou rexistrarse na oficina de información. Os prazos de presentación das reclamacións serán de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación das listaxes. As reclamacións que se presenten, deberán reflicti-lo nome e apelidos do reclamante, enderezo, teléfono de contacto, código da categoría e área de traballo e o motivo da reclamación. As alegacións serán resoltas pola mesa de selección e publicarase unha listaxe complementaria do primeiro.

3. Etapas do proceso de selección.

3.1. Requisitos de admisión: para poder presentarse ó proceso de selección, será obrigatorio o cumprimento dos seguintes requisitos:

* Ter cumpridos 18 anos no momento da presentación da solicitude e non exceder da idade de xubilación forzosa.

* Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou do espacio económico europeo ou te-lo dereito á libre circulación dos traballadores conforme o Tratado da Comunidade Europea.

* No padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

* Ter aboados os dereitos de admisión ó proceso.

* Estar en posesión da titulación requirida para poder optar á categoría, na data de final do prazo de presentación de solicitudes.

* Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera servicio de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin encontrarse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin para a correspondente profesión.

* No caso dos nacionais doutros estados membros, non encontrarse inhabilitado, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso ás funcións ou os servicios públicos dun estado membro, ni estar separado por sanción disciplinaria dalgunha das súas administracións ou servicios públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

Ó se presentaren a este proceso, asúmese que os candidatos coñecen e aceptan as bases da convocatoria.

3.2. Presentación de solicitudes e pagamento dos dereitos de admisión. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais dende o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Soamente se admitirán aquelas solicitudes entregadas no sinalado prazo, sendo excluídas todas aquelas que non cumpran este requisito. Na solicitude figurará o selo xustificativo do ingreso, pagado a nome do candidato.

Os dereitos de admisión aboaranse por instancia presentada, que se ingresarán a favor da Fundación Pública Hospital do Salnés, no seguinte número de conta: 2080/0067/22/0040035998. A falta do ingreso dos dereitos de admisión, considerarase unha causa excluínte. A contía dos dereitos de admisión é de: 46.61 euros (7.755 pesetas). Deberase presentar unha solicitude para cada categoría e área de traballo ás que se opte e aboa-los dereitos de admisión para cada unha delas. Os dereitos de admisión non se devolverán en ningún caso.

Os aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33% estarán exentos de aboa-las taxas por dereitos de exame.

Os facultativos entregarán unha memoria da especialidade/área de traballo en relación coa praza á que opte e co formulario do currículo autobaremado xunto coas copias compulsadas que xustifiquen os méritos alegados, así como copia compulsada do DNI.

Se un candidato presentase varias solicitudes para a mesma categoría e diferentes especialidades/áreas de traballo realizará tantas memorias e currículos autobaremados como solicitudes presentase.

A documentación entregarase na oficina de información ou por correo certificado, nun sobre cerrado, de tamaño adecuado (A4 ou similar), sen dobrar e deberá figurar na solicitude o selo coa data de envío posto na oficina de correos.

3.3. Listaxe de candidatos admitidos e excluídos ó proceso de selección. Publicarase a listaxe provisional de solicitantes admitidos e excluídos no proceso de selección, especificando a causa de exclusión para os afectados. As listaxes publicaranse na oficina de información.

3.4. Realización da primeira parte do proceso selectivo. Como resultado da baremación da memoria e do currículo, obterase unha puntuación que permitirá elaborar unha lista ordenada correlativa por categorías e áreas de traballo. Unha vez finalizada a primeira fase do proceso selectivo, as comisións de selección farán público un acordo ca listaxe de persoas que superaron a dita fase mediante a súa publicación na oficina de información. Cada comisión de selección establecerá un corte na súa lista nun número que como referencia será de cinco persoas por cada posto de traballo que se vai seleccionar, se ben, se nalguna das categorías, a xuízo da comisión fose necesario seleccionar un número maior de persoas por praza, adoptarán o número de corte mediante acordo previo da comisión, do que se dará publicidade axeitada nas oficinas de información.

Nestas listas sinalarase a data e hora da entrevista para os candidatos preseleccionados. Aquelas persoas que non teñen asinada data e hora para a entrevista, significará que non pasan á siguiente fase do proceso selectivo.

Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a comisión no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa exposición.

3.5. Realización da segunda fase do proceso selectivo. A proba práctica ou teórica e a entrevista persoal constitúe a última fase do proceso de selección de persoal. Nesa proba práctica ou teórica e na entrevista valorarase aquela información que non é achegada no currículo autobaremado e que é importante para o bo desempeño da actividade profesional.

Se un candidato presenta varias solicitudes de traballo para a mesma categoría e diferentes áreas de

traballo, realizará tantas probas teóricas ou prácticas e entrevistas como solicitudes presentase.

Os convocados a esta fase deberán presentarse na Oficina de Información da Fundación, co orixinal do DNI, permiso de conducir ou no seu defecto pasaporte.

3.6. Publicacións de listaxes finais. Unha vez terminada a segunda fase, publicaranse para cada categoría e área de traballo as puntuacións de cada punto. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a comisión no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa exposición.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, a comisión publicará o acordo que conteña a relación dos aspirantes definitivamente seleccionados, coa puntuación total acadada por cada un deles.

3.7. Contratación das persoas seleccionadas. A Fundación Pública Hospital do Salnés procederá á súa contratación laboral indefinida cun período de proba dos candidatos seleccionados a través deste proceso. Os postos de traballo que permanezan vacantes pola renuncia das persoas seleccionadas, cubriranse de forma correlativa por aquelas que teñan a seguinte puntuación na lista, sempre atendendo ás necesidades do cadro de personal da Fundación Pública Hospital do Salnés. Poderanse declarar desertos aqueles postos de traballo nos que non se atope a persoa axeitada para ocupalo.

Vilagarcía de Arousa, 2 de maio de 2002.

Pedro Soler Bordoy

Director da Fundación Pública Hospital

do Salnés

ANEXO I

Categorías profesionais, áreas de traballo e prazas ofertadas.

CategoríaÁrea de traballoTitulaciónPrazas

Facultativo/aPediatríaEspecialidade en pediatría e puericultura2
Facultativo/aRadioloxíaEspecialidade en radiodiagnóstico2
Facultativo/aAnestesia e

reanimación

Especialidade en anestesia e reanimación3
Facultativo/aCirurxía xeral

e dixestiva

Especialidade en cirurxía xeral e dixestiva1
Facultativo/aObstetricia e

xinecología

Especialidade en obstetricia y xinecología1
Facultativo/aOftalmoloxíaEspecialidade en oftalmoloxía1
Facultativo/aUroloxíaEspecialidade en uroloxía2

ANEXO II

Fases do proceso de selección e puntuación por categoría.

Puntos%

1ª FaseMemoria2525

Currículo2525

2ª FaseProba teórica ou práctica3030

Entrevista2020

Total100