Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías:

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó de remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: c/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista, e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: c/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 14 de xuño de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 226 POL 2002 Palas de Rei. Saneamento, abastecemento e depuración na parroquia de Pidre199.836,526 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría d)

Nº 227 POL 2002 Pantón. Terminación do saneamento de Acedre72.121,456 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 230 POL 2002 Portomarín. Rede xeral de saneamento na zona de S. Pedro, A Fonte da Agra, avda. Chantada, Mirador e Casa da Cultura120.202,423 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría d)

Nº 240 POL 2002 Bóveda. Construcción edificio multiusos e acdte. do contorno150.253,0012 mesesGrupo C)

Subgrupo 2)

Categoría c)

Nº 243 POL 2002 Castroverde. O Vitureiro-Pena, alargamento e mellora explanación e drenaxe p.q. 0,0-2,2988.346,616 mesesNon se esixe

Nº 251 POL 2002 Ribadeo. Acceso á praia das Catedrais p.q. 0,0-0,70216.365,006 mesesGrupo G)

Subgrupo 6)

Categoría d)

Nº 118 POS 2002 Carballedo. Da Barrela por Esmoriz á C-533, alargamento e mellora p.q. 4,10-5,10.90.000,006 mesesNon se esixe

Nº 120 POS 2002 Cervantes. Liber-S. Román, alargamento e mellora p.q. 3,60-5,02208.500,006 mesesGrupo G)

Subgrupo 6)

Categoría d)