Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudio de detalle nas rúas San Lois-vía férrea-Carlos Maside.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 31 de maio de 2002, acordou aprobar definitiva

mente o estudio de detalle promovido por Antonio Mondragón Tanoira e Irmáns Mondragón S.C., referido ó solo urbano na área delimitada polas rúas San Lois, vía férrea e Carlos Maside á vía férrea, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Ramón Blas Tojo Ferreiro e visado polo COAG no 14 de febreiro de 2002.

O presente acordo esgota a vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Pontecesures, 12 de xuño de 2002.

Manuel L. Álvarez Angueira

Alcalde