Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1498/2001).

Anúnciase que o pleno do concello de Ourense, en sesión ordinaria do día 7 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O pleno do concello acordou, por unanimidade, revogar de oficio, parcialmente, o parágrafo terceiro e anexo do acordo plenario de data 14 de marzo de 2002 que aproba inicialmente o documento da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no referente á suspensión do outorgamento de licencias no ámbito dos núcleos rurais delimitado no vixente planeamento (hoxe solo de núcleo rural), alzando a suspensión acordada para a dita clase de solo naquelas zonas nas que non interfira co novo planeamento nin en canto a trazado dos novos viais, nin na obtención das zonas verdes, nin se trate de edificacións protexidas no documento de aprobación inicial nin as outras determinacións do planeamento».

De conformidade o disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de xuño de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente