Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán (unidade central), expediente nº 2002038C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: o concurso ten por obxecto contrata-la conservación e reposición das zonas verdes que se especifican no anexo I do prego de condicións técnicas, a poda de tódalas árbores situadas en espacios de dominio público destinados a tal uso, así como a recollida e retirada dos restos desta poda. Os traballos e labores de conservación e reposición serán os que se especifican no prego de bases técnicas que, para tódolos efectos, terá carácter contractual.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de dous anos, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 133.189,98 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza da Constitución 1, 36350 Nigrán, Pontevedra, teléfono 986 36 50 00, fax 986 38 39 31, ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo O, subgrupo 6, categoría A, ou grupo III, subgrupo 5 da Orde do 24 de novembro de 1982.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou a través doutros sistemas admitidos

pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 9 de maio de 2002.

José M. Rial Cadaval

Alcalde