Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-5/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 7 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes do centro de atención de personas maiores en Matogrande, promovido por SPI Galicia, S.A.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para coñecemento xeral, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán aboados polo promotor do proxecto.

A Coruña, 11 de xuño de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo