Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día nove de maio de dous mil dous, adoptou, entre outros, o acordo do teor literal seguinte:

«2. Aprobación definitiva, se procede, da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Cervo (San Cibrao), referente ó centro de saúde».

Visto que o expediente de modificación foi aprobado inicialmente polo Pleno desta corporación en sesión celebrada o 3 de outubro de 2001 e sometido a información pública mediante anuncio publicado no DOG número 219, do 13 de novembro de 2001, sen que se presentaran alegacións.

Visto que o proxecto de modificación foi informado previamente á aprobación inicial pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 21 de setembro de 2000, para os efectos do disposto polo artigo 41 da LSG.

Visto que con data 4 de abril de 2002 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para os efectos do previsto no artigo 42.5º da LSG, emitiu en sentido favorable o informe previo preceptivo e vinculante.

Visto que, de conformidade coa disposición adicional cuarta da LSG, a competencia para a aprobación definitiva da nomeada modificación puntual

das normas subsidiarias de planeamento queda asignada, en réxime de competencia delegada, a este concello, nos termos e condicións establecidas na Lei de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Visto que a teor do disposto no artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o acordo de aprobación definitiva da devandita modificación puntual require o voto favorable da maioría absoluta do número total de membros desta corporación.

Visto o informe favorable da Comisión Informativa de Asuntos de Pleno.

A Corporación, por unanimidade dos membros da Corporación presentes en votación ordinaria, e polo tanto co quórum favorable de votación da maioría absoluta legal do número de membros que a compoñen, acordou:

Primeiro.-Aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipais do núcleo de San Cibrao, relativas ó centro de saúde, nos termos que constan no expediente tramitado para o efecto.

Segundo.-Publicar este acordo no DOG e no BOP, segundo establece a lexislación vixente nesta materia.

O que se fai público para xeral coñecemento no cumprimento do disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Contra este acordo poden os interesados interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Cervo, 15 de maio de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde