Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada no 10 de maio do ano que corre, aprobou definitivamente o estudio de detalle de iniciativa particular para a parcela sita en solo urbano con fronte ás rúas Nosa Señora do Carme ó oeste e Rosalía de Castro ó leste e contigua a outra parcela sita na rúa Covamoura, en Burela (Lugo).

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do preceptuado no artigo 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Burela, 12 de xuño de 2002.

P.D.F. (Resolución da Alcaldía do 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente de alcalde