Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP nº 128 correspondente ó día 6 de xuño de 2002, aparece publicada a convocatoria para cubrir, mediante contratación laboral fixa, polo sistema de concurso-oposición, unha praza de asistente social, correspondente á oferta de emprego público do ano 2001.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOE ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente, cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 7 de xuño de 2002.

José Astray Lorenzo

Alcalde