Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

PREMIOS de Investigación González Llanos, Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan estes premios co fin de apoiar e impulsa-los labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñería naval, humanidades, enxeñería industrial e nas áreas de saúde e relacións laborais respectivamente. Estes premios terán carácter bianual, convocándose para os anos pares os Premios de Investigación González Llanos de Enxeñería Naval e Concepción Arenal de Humanidades, e para os anos impares os Premios de Investigación Enxeñeiro Comerma de Enxeñería Industrial e Antonio Usero das áreas de Saúde e Relacións Laborais (neste último alternándose entre si). Tódolos premios están dotados con 12.020,24 euros, prazo de presentación de solicitudes antes do 15 de setembro do ano correspondente a cada convocatoria. Máis información: http://www.cdf.udc.es; tlf.: 981 33 74 00, ext. 3800.

Ferrol, 22 de maio de 2002.

Manuel José Recuero Astray

Vicerrector Campus de Ferrol