Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 20 de marzo de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00488-O-2001 e trinta máis).

Advertidos erros na devandita cédula, publicada no DOG nº 79, do mércores, 24 de abril de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 5.724, no expediente correspondente a Aluminios Deza, S.L., onde di: «PO-01574-O-2001», debe dicir: «XC-01574-O-2001», e, na matrícula correspondente a Logitrans Río, S.L., onde di: «C-8013-AT», debe dicir: «LU-5316-X».