Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 15 de abril de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01615-O-2001 e outro máis).

Advertido erro, na devandita cédula, publicada no DOG nº 95, do luns, 20 de maio de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección:

-Na páxina 7.332, no anexo, no expediente OU-01615-O-2001, hai que engadir:

«Fiador: Francisco Javier Cid Cobeña.

Último enderezo coñecido: Aguas, 42, Torrejón del Rey (Guadalajara)».

-Na mesma páxina, no expediente OU-02877-O-2000, hai que engadir:

«Fiador: Italo Petrosino.

Último enderezo coñecido: avda. Castelao Caranza, 96-9A, 15315 Ferrol (A Coruña)».