Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamentos indebidos a Luis Miguel Mangana Vidal.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se lle require á persoa que se relaciona no anexo o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

A correspondente delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda que se indica emitirá a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor: Luis Miguel Mangana Vidal.

NIF: 34974877-L.

Importe: 143,09 A.

Concepto: cobramento indebido mes de outubro completo, reténdolle 14 días por causar baixa o 16 de outubro de 1998.

Delegación: Ourense.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA