Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.728

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE TUI

EDICTO (320/2001).

Eu, Francisco Javier Vaquer Martín, xuíz de Primeira Instancia número dos dos de Tui, fago saber que neste xulgado e co número 320/2001 se segue por instancia de María Isabel Vicente Lomba, María Olimpia Peláez Rodríguez, María Margarita Rodríguez González, expediente para a declaración de falecemento dos seguintes:

-José Manuel Vicente Gómez, natural da Guarda (Pontevedra), veciño desta mesma localidade, nacido o 27 de maio de 1951.

-Antonio Gómez Rodríguez, natural e veciño de Santa María de Oia (Pontevedra), nacido o 11 de outubro de 1959.

-Joaquín Cividanes Franco, natural e veciño da Guarda (Pontevedra), nacido o 30 de abril de 1958.

Todos eles embarcaron o día 8 de xaneiro de 2001, no pesqueiro denominado Fátima, non téndose deles máis noticias desde que o pesqueiro o 11 de xaneiro recibiu fortes golpes de mar, e os devanditos tripulantes caeron ó mar, ignorándose o seu paradoiro.

O que se fai público para que os que teñan noticias

da súa existencia poidan poñelo en coñecemento do xulgado e seren oídos.

Dado en Tui, cinco de febreiro de dous mil dous.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado