Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.728

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (40/2002).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeir Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 40/2002 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia.

En nome de súa maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia nº 40/2002, no que actuaron como partes, como denunciante Juan Antonio Lueiro Vaamonde e como denunciado Gumersindo Arias Liste.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo absolver e absolvo a Gumersindo Arias Liste da falta que se lle imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán os interesados interpor recurso de apelación perante a audienca provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal na que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo

por infracción de normas ou garantías procesuais que causaren a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo deberase acreditar que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Gumersindo Arias Liste, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado