Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de maio de 2002 pola que se autoriza o centro privado Dioptra de Lugo para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas en quenda de tarde-noite.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Dioptra de Lugo, no que solicita autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas en quenda de tarde-noite.

Resultando que por Orde do 14 de setembro de 2001 (DOG 27-9-2001), se autorizou o dito centro para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG 18-11-1999), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Dioptra de Lugo para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas en quenda de tarde-noite, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: praza Conde Fontao, 4 baixo.

Código do centro: 27020677.

Denominación: centro privado Dioptra.

Titular: Dioptra, S.L.

Composición resultante:

Familia profesional: edificación e obra civil.

Quenda de mañá:

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).