Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala enxeñeiros de telecomunicacións, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 17 de xuño de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala enxeñeiros de telecomunicacións, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 21 de xullo de 2002, na aula nº 6 da Escola Galega de Administración Pública; rúa de Madrid nº 2-4, de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 9.30 horas, e deberán estar alí presentes os opositores ás 9 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

José Manuel González González

Presidente de tribunal