Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona un acordo de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Fernández Teijeiro, Inmaculada María).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase un acordo de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase ó interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na Ronda da Muralla nº 70-1ª, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de maio de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Fernández Teijeiro, Inmaculada María

(07233563-F); r/ Rampa de Claudio López 1-3, 5º esq. Lugo

Imposto sobre sucesións e doazóns; finalización procedemento de taxación pericial contradictoria e levantamento de suspensión; exp. 707/98.