Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2002 pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o obxecto da asistencia técnica solicitada é o desenvolvemento do programa mapa de servicios tecnolóxicos 2002 que ten como finalidade reduci-las imperfeccións do mercado de servicios tecnolóxicos de Galicia mediante a identificación das súas fortalezas e debilidades e a comunicación dunha oferta máis clara e facilita-lo acceso dos demandantes a eses servicios.

b) Prazo de execución: o traballo obxecto deste contrato realizarase por fases sendo os prazos de execución os seguintes:

-Fase preliminar: constitución dun equipo de traballo e establecemento dos mecanismos de coordinación entre os distintos participantes.

-Fase 1: identificar e defini-los servicios tecnolóxicos prestados polas entidades participantes no programa.

Os traballos correspondentes ás fases preliminar e fase 1 deberán estar concluídos o 30 de novembro de 2002.

-Fase 2: identificar melloras na prestación de cada servicio relativas ós elementos de prestación, ó proceso e ó resultado final, que servirán de base para a estabilización dos servicios tecnolóxicos que se prestan en Galicia. Deberá identificarse tamén cal é o grao de demanda destes servicios, a súa rendibilidade, así como novos servicios que poderían ser prestados.

-Fase 3: elaborar un soporte dixital para integrar no Portal de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia a oferta de servicios tecnolóxicos que se identifique neste proceso, así como outros servicios que se detecten no futuro.

-Fase 4: definir un plan de extensión desta metodoloxía e soporte dixital a outros prestatarios de servicios que non participaran no programa.

Os traballos de realización das fases 2, 3, e 4 deberán estar rematados o 31 de agosto de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a oitenta mil euros (80.000 A) dos que trinta e dous mil euros (32.000 A) corresponden ó exercicio 2002 e corenta e oito mil euros (48.000 A) ó exercicio de 2003, que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A-640.0.

5. Garantía provisional.

A garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a mil seiscentos euros (1.600 A).

Obtención de documentación e información: poderán retira-la no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/981 54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade ó esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, no

rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio, correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento