Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.701

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de marzo de 2002 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 97, do mércores, 22 de maio de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 7.459, no anexo I, punto 1.3., onde di: «terceiro exercicio: entrevista persoal na que se avaliará a adecuación ó posto de traballo dos

aspirantes. Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e terá carácter eliminatorio», debe dicir: «terceiro exercicio: entrevista persoal na que se avaliará a adecuación ó posto de traballo dos aspirantes. Este exercicio cualificarase de 0 a 7 puntos e terá carácter eliminatorio».

Na páxina 7.459, no anexo I, punto 1.4., onde di: «cuarto exercicio de carácter non eliminatorio consistirá na traducción dun texto de galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos», debe dicir: «cuarto exercicio de carácter eliminatorio consistirá na traducción dun texto de galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA