Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato que se cita. (Expediente 501/2002).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expediente: 501/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: póliza de seguro de vida para o persoal funcionario e laboral da Universidade de Vigo.

Lugar de execución: Universidade de Vigo.

Prazo de execución: un ano, de conformidade co indicado no punto 6 da FRC do prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 90.150 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal, 46-anexo, 3º andar.

Localidade e código postal: Vigo 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de bases.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

Lugar de presentación: Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

Localidade: Vigo 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 12 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo