Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002 pola que se anuncia a contratación de expedientes, polos procedementos de adxudicación, que se indican (426/2002 e sete máis).

Concurso público, procedemento aberto, trámite urxente.

Obras.

Expediente número 426/2002.

Obxecto: reforma da Facultade de Ciencias.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 324.473,65 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 6.489,47 euros.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de execución: 3 meses.

Expediente número 422/2002.

Obxecto: edificio e instalacións para a estación hidrobiolóxica no encoro do río Con.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Importe de licitación:

Lote: 1: edificio: 601.012,10 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 12.020,24 euros.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría b.

Prazo de execución: 10 meses.

Lote 2: instalacións 33.978,17 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 679,56 euros.

Prazo de execución: 10 meses.

Concurso público, procedemento aberto, trámite ordinario.

Subministracións.

Expediente número 012/2002.

Obxecto: adquisición dun susceptómetro AC/DC para a Rede de Infraestructuras de Axuda á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Edificio Cactus).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 180.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 3.600 euros.

Prazo de entrego: 5 meses.

Expediente número: 015/2002.

Obxecto: adquisición de tres sensores UV-B para a ampliación do sistema de radiación solar UV-B de Galicia. Facultade de Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 30.056 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 601,12.

Prazo de entrega: 60 días.

Expediente número 016/2002.

Obxecto: equipamento de despachos e aula de informática para a ampliación da Facultade de Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 13.400 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 268 euros.

Prazo de entrega: inmediato.

Expediente número 017/2002.

Obxecto: equipamento científico para o Servicio de Optometría. Escola Universitaria de Óptica e Optometría.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 37.130 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 742,60 euros.

Prazo de entrega: inmediato.

Contratos administrativos especiais.

Expediente número 615/2002.

Obxecto: cafetería comedor da Residencia Bosque da Condesa.

Provincia: A Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Canon mínimo de explotación: 18.000 euros.

Garantía provisional: 360 euros.

Prazo de execución: 8 anos.

Procedemento negociado con publicidade.

Contratos privados.

Expediente número 609/2002.

Obxecto: contratación dun seguro de vida para o personal laboral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 47.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 940 euros.

Prazo de execución: 4 anos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela.

d) Prazos de entrega/execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e ordinaria.

b) Procedemento: aberto e negociado.

c) Forma: concurso público e procedemento negociado con publicidade.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Undixital. Rosalía de Castro, 45, 15706 Santiago de Compostela, (teléfono 981 55 30 32), correo electrónico info*unidixital.com, páxina web unidixital.com, ou na copistería Unicopia. Avenida de Madrid 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 67 25 00.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publiación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para os expedientes números 426/2002 e 422/2002, e o décimo quinto para os restantes.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para os expedientes números 426/2002 e 422/2002, e o décimo quinto para os restantes.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en: entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: para a apertura de plicas de tódolos expedientes, a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 1-2-2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos