Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do plan parcial de ordenación do parque empresarial de Barreiros.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo suscribiu con data do 12 de xullo de 2000 un convenio co Concello de Barreiros para a promoción pública dun parque empresarial no dito municipio, situado na zona da Espiñeira, en terreos clasificados como solo urbanizable segundo as normas subsidiarias municipais, cunha superficie aproximada de 131.947 m.

Así mesmo, foi formulado o oportuno plan parcial de ordenación do parque empresarial. Este plan parcial establece como sistema de actuación o de expropiación.

No plan parcial de ordenación do parque empresarial establécese a súa execución mediante o sistema de expropiación aplicable ó polígono único que comprende todo o seu ámbito, e sen prexuízo da execución por fases das obras de urbanización.

Segundo dispón o artigo 54.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia: «A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística e de delimitación de polígonos que se desenvolverán polo sistema de expropiación implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados, para os fins de expropiación ou imposición de servidumes».

O presente expediente ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo dos bens necesarios para levar a cabo a execución do plan parcial de ordenación do parque empresarial de Barreiros, consistente na urbanización dos terreos e o seu destino ós fins previstos no plan.

Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións (LRSV), na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG) e no R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, que aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU).

Segundo o artigo 118.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia: «A execución dos plans polo sistema de expropiación pode ser obxecto de concesión administrativa ó ser asumida polos órganos ou entidades da Administración actuante ou do Estado, en desenvolvemento de convenios que suscriban co respectivo concello.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento ós propietarios afectados e ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, conforme o disposto no artigo 36 da Lei 8/1988, do réxime do solo e valoracións, artigo 145 da Lei

1/1997, do solo de Galicia, e artigos 201 e 202 do Regulamento de xestión urbanística.

O artigo 199.1º do RXU establece que «a execución do plan polo sistema de expropiación nun polígono ou unidade de actuación determinado requirirá que a Administración actuante, ademais de proceder á delimitación do seu ámbito territorial, formule, conforme o previsto na lexislación de expropiación forzosa, unha relación dos propietarios existentes no dito ámbito, coa descrición dos bens e dereitos afectados.

O artigo 17.1º da Lei de expropiación forzosa establece que o beneficiario da expropiación estará obrigado a formula-la relación concreta e individualizada, na que se describan en tódolos seus aspectos, material e xurídico, os bens ou dereitos que considere de necesaria expropiación.

O artigo 36 LRSV establece que «o prezo xusto dos bens e dereitos expropiados determinaranse conforme o establecido no título III da presente lei, mediante expediente individualizado ou polo procedemento de taxación conxunta».

Así mesmo, o artigo 144.2º da LSG establece que «a Administración actuante poderá aplica-lo procedemento de taxación conxunta ou segui-la expropiación individualmente»; e o artigo 201 do RXU establece que: «1.-No sistema de expropiación, o expropiante poderá optar entre segui-la expropiación individualizadamente para cada predio ou aplica-lo procedemento de taxación conxunta.- ...3.-Se o órgano optar polo procedemento de taxación conxunta, seguirase a tramitación regulamentada nos artigos seguintes».

Tratándose dunha expropiación urbanística, o presente expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, ó abeiro do devandito artigo 144.2º da LSG.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación para a execución do plan parcial de ordenación do parque empresarial de Barreiros.

De conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto de expropiación para a execución do plan parcial de ordenación do parque empresarial de Barreiros, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que estime convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Así mesmo, o expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, 6 e no Rexistro da Xefatura da Área Provincial do Insituto Galego da Vivenda e Solo, situado na avda. Ramón Ferreiro, 28. 27002 Lugo. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alega

cións que estimen oportunas, por triplicado exemplar, nestas oficinas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

Relación de bens e dereitos afectados

PredioReferencia catastral:

Polígono-parcela

Propietario

Enderezo

Superficie m sen e incluíndo

mingua do aproveitamento

medio do 10%

Valor do soloOutros bens

a valorar

Prezo xusto

(incluíndo

5% premio

de afección)

370

9370

Tomás Iglesias Moreda

San Cosme (Lugo)

1.4001.2603.407,74775,58

Piñeiral 3º

4.392,49

373

9373

Adelina Palmeiro Iglesias

San Cosme (Lugo)

1.2921.162,83.144,86Non consta3.302,10

374

9374

Rogelio Rey

Foz (Lugo)

200180486,82Non consta511,16

92

4392

Mª Teresa Díaz Díaz e outros

San Pedro (Lugo)

1.2751.147,53.103,48706,33

Piñeiral 3º

4.000,30

103

43103

Adelina Palmeiro Iglesias

San Cosme (Lugo)

2.0671.860,35.031,281.145,09

Piñeiral 3º

6.485,19

108

43108

Mercedes López Valea

San Cosme (Lugo)

1.2041.083,62.930,66Piñeiral 3º3.777,55

187

43187

Felisa Pedrosa Rosada

San Cosme (Lugo)

2.7562.480,46.708,38Non consta7.043,80

Total:10.1949.174,624.813,223.29429.512,59