Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da asistencia técnica para a actualización e renovación das bases de datos do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Fase I.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.088.175/AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a actualización e renovación das bases de datos do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Fase I.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): doce (12).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: setecentos cincuenta mil cento noventa e dous euros con dezaoito céntimos (750.192,18 A).

5. Garantía provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 5 de agosto de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira será acreditada polos medios establecidos no artigo 16.1º, letra a, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño). A solvencia técnica e profesional será acreditada polos medios establecidos no artigo 19, letras b, c e e da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5 de agosto de 2002, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 26 de agosto de 2002.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 19 de agosto de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 13 de xuño de 2002.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren las informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia