Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por telo acordado a Comisión de Goberno deste concello, na sesión que tivo lugar o día 24 de maio de 2002, e co obxecto de dar cumprimento ó diposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do

16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Anúnciase concurso por procedemento aberto, e polo trámite de urxencia, para adxudica-la obra nomeada: construcción dunha gardería infantil, anualidade 2002 (última fase), incluída no convenio de colaboración entre a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Arzúa, asinado o día 21 de marzo de 2000: conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: a contratación da última fase da referida anualidade da dita obra, por un orzamento de execución por contrata de 78.131,57 euros (13.000.001 pesetas), utilizando para iso o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, que rexerá para a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto, aprobado pola Comisión de Goberno, na sesión do día 22 de setembro de 2000; (que se atopa publicado no BOP nº 198 de data do 29 de agosto); o cal será considerado como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

2. Duración do contrato: a fase obxecto de contratación deberá estar executada, certificada e xustificada ante a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude antes do día 15 de novembro de 2002, debendo comeza-las obras a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tipo de licitación: os 78.131,57, IVE incluído: (sendo 52.903.830 pesetas o importe do orzamento de execución por contrata do proxecto técnico do que se fraccionou a fase que agora se pretende contratar).

4. Revisión de prezos: atendendo a natureza desta obra, non procederá, en ningún caso, a revisión dos prezos do contrato e, polo tanto, non se aplicará fórmula ningunha de revisión de prezos.

5. Pago: o pagamento do prezo de adxudicación verificarase contra certificación de obra, acompañada da súa relación valorada, expedida polo técnico director das obras, logo da súa aprobación pola Comisión de Goberno do ayuntamiento; e farase efectivo con cargo á partida 433.B9.622.00, nomeada construcción gardería infantil, do capítulo VI investimentos reais, do estado de gastos do orzamento municipal do presente exercicio.

6. Publicidade do prego: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, podéndose obter copia deste.

7. Garantía provisional: será 2% do tipo de licitación (1.562,63 euros), debendo acompañarse por separado e fóra dos respectivos sobres, o documento acreditativo de tela constituído.

8. Garantía definitiva: será requisito previo e necesario para a formalización do contrato e consistirá no 4% do prezo de adxudicación.

9. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acreditarase mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes.

11. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante os trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece, e nos tres sobres pechados a que se refire a cláusula 14 do referido prego-tipo, conforme proceda.

12. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada. Se o dito día coincide con sábado trasladarase o acto de apertura ó seguinte día hábil.

13. Criterios para a adxudicación do concurso: serán os seguintes:

a) Oferta de control interno de calidade: ata 5 puntos.

b) Reducción de prazos de execución da obra: ata 4 puntos.

c) Oferta económica: ata 1 punto.

15. Modelo de proposición económica: o recollido na cláusula 14 do referido prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, para a súa inclusión dentro do sobre A.

En Arzúa, 30 de maio de 2002.

Manuel Moscoso López

Alcalde