Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.516

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (150/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 150/2002 contra a empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. sobre despido, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, 10 de abril de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 150/2002 seguidos por instancia de José David Casal López, maior de idade, asistido por Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José David Casal López, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do actor, condenando a demandada a que no prazo de cinco días, desde a data da notificación da sentencia opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización de 6.479,69 euros máis, en ámbolos casos, o aboamento dos salarios de trámite desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución que ascende a 30,31 euros/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que

ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña o 9 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado