Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.516

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE CARTAGENA

EDICTO (1/2001).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte.

«Encabezamento:

En Cartagena, 15 de abril de 2002.

Carmen Cano García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete dos de Cartagena e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de xuízo executivo seguidos ante este xulgado co número uno do ano 2001, por instancia do Banco Santander Central Hispano, S.A., representado polo procurador Alejandro Lozano Conesa e baixo a dirección do letrado Alejandro Canovas Ciller, contra Isidoro Campaña Martínez e Carmen Diéguez López, declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade, dictou esta sentencia con base no seguinte.

Dictamino: debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra Isidoro Campaña Martínez e Carmen Diéguez López, ata facer trance e remate dos bens embargados e dos que se lles poden embargar e co seu importe facer íntegro pago a Banco Santander Central Hispano da cantidade de 665.269 pesetas, equivalentes a 3.998,35 euros de principal e os xuros pactados e custas causadas e que se causen nas cales expresamente condeno os ditos demandados.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado no termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, que pola rebeldía dos demandados se lles notificará nos estrados do xulgado, e no boletín oficial, no caso de que non se solicite notificación persoal, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Isidoro Campaña Martínez, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Cartagena, 29 de abril de 2002.

O/a secretario/a

Rubricado