Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.517

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (848/2001 e acumulados).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 848/2001 e acumulados, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Josefa Fernández Pais, contra María Teresa Suárez Casal en reclamación de despedimento, dictouse, con data 9 de maio de 2002, sentencia, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda promovida por Josefa Fernández Pais, María Victoria López López e María del Carmen Rey Estévez, fronte a empresa María Teresa Suárez Casa e Fogasa, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que foron obxecto as actoras e condeno a dita empresa a que opte entre a readmisión das traballadoras demandado no seu posto de traballo ou o aboamento a Josefa Fernández Pais da cantidade de douscentos dez euros con corenta e sete céntimos (35.019 pesetas), a Victoria López López a cantidade de seiscentos oitenta euros con cincuenta e un céntimos (113.227 pesetas) e a María del Carmen Rey Estévez a cantidade de douscentos un euros con once céntimos (33.462 pesetas), en concepto de indemnización, opción que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado, advertíndolle que de non a realizar se entenderá que procede a primeira, con aboamento en ámbolos casos das cantidades de

dous mil novecentos setenta e sete euros con noventa e sete céntimos (495.492 pesetas) a Josefa, dous mil novecentos setenta e sete euros con noventa e sete céntimos (495.492 pesetas) a Victoria, tres mil cincuenta e tres euros con oitenta e catro céntimos (508.116 pesetas) en concepto de salarios de tramitación, e un haber diario de dezaoito euros con noventa e sete céntimos (3.156 pesetas) para cada unha delas, desde a data ata que se notifique esta resolución».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a María Teresa Suárez Casal, con domicilio en Doutor Maceira 6, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e fáiselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no BOP da Coruña, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o mércores 15 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado