Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (413/2001).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sala da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico, que na apelación civil número 413/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Rolo: recurso de apelación 413/2001 JM. Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña. Número 166.

Na Coruña, dezanove de abril de dous mil dous.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, pta., Luis Barrientos Monge e María Dolores Fernández Galiño.

En nome de El-Rei.

Pronunciaron a seguinte sentencia.

No recurso de apelación civil número 413/2000, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, sobre nulidade de acordos (J.M. contía 6/00) entre partes, dunha, e como apelante os demandados Manuel López Caínzos e Pilar Miguel Moras, representados pola procuradora señora Vázquez Couceiro, e doutra e como apelado a demandante Fundación López de Vega, representados polo procurador señor Sánchez González, en situación procesual de rebeldía a demandada Pilar López Míguez, é relator o señor Barrientos Monge.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia con data 20 de decembro de 2000, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, nos presentes autos de xuízo de menor contía nº 6/2000, debemos confirma-la dita resolución.

Impóñense á parte apelante as custas da alzada, por ser preceptivo.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino o presente edicto na Coruña, vintenove de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DA POBRA DE TRIVES