Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.515

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de abril de 2002 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 100, do luns, 27 de maio de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 7.687, no anexo I punto 1.4. onde di: «cuarto exercicio de carácter non eliminatorio consistirá na traducción dun texto de galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos». Debe dicir: «cuarto exercicio de carácter eliminatorio consistirá na traducción dun texto de galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos».