Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, de revisión salarial do convenio colectivo do sector de comercio da pel.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de comercio da pel que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios del Comercio

del Calzado e da parte social, por UGT, CC.OO e CIG o día 24-4-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de maio de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Táboas salariais que servirán de base para a negociación do convenio colectivo para as empresas do sector do comercio da pel da provincia da Coruña para o ano 2002.

CategoríaSalariosCómputo anual

Axundante557,67 A8.816,11 A
Dependente de 22 a 24 anos572,27 A9.035,16 A
Dependente maior de 25 anos617,93 A9.719,97 A
Xefe de sección652,71 A10.241,73 A
Xefe de almacén760,86 A11.864,00 A
Xefe de sucursal760,86 A11.864,00 A
Encargado xeral868,48 A13.478,33 A
Encargado de compras e vendas692,60 A10.840,09 A
Mozo de almacén557,67 A8.816,11 A
Corredor de praza649,73 A10.197,11 A
Auxiliar de caixa de 18 a 20 anos557,67 A8.816,11 A
Auxiliar de caixa de 20 a 22 anos564,08 A8.912,31 A
Auxiliar de caixa de 22 a 25 anos577,74 A9.117,18 A
Auxiliar de caixa de máis de 25 anos583,23 A9.199,57 A
Contable caixeiro651,55 A10.224,30 A
Xefe administrativo800,10 A12.452,52 A
Oficial administrativo617,95 A9.720,33 A
Auxiliar administrativo557,67 A8.816,11 A
Escaparatista625,18 A9.828,73 A
Complemento transporte39,14 A

Convenio colectivo provincial do comercio da pel

Acta

Asistentes.

Parte empresarial.

Vicente Villar Pispieiro.

Francisco Mosteiro Ponce.

Francisco J. González Outumuro.

Parte social.

Nieves Montes Patiño (UGT).

Soledad Méndez Rodríguez (CCOO).

Lois Soto Sabio (CIG)

Na Coruña, ás 11 horas do día 24 de abril de 2002, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial para as empresas do sector do comercio da pel.

O único punto é a revisión das táboas salariais do ano 2001 para os efectos da negociación do seguinte convenio en aplicación do artigo 5.

Acórdase

1º Aplica-la cláusula de garantía correspondente a 2001, incrementando a táboa salarial nun 0,2%.

2º Aproba-las táboas que se xuntan para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

E non tendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión, ás 12 horas da data e lugar indicados no encabezamento.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE