Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle, no ámbito da unidade de actuación, sita en Vertín (Mondego), por instancia de Enrique e Juan Suárez Pena.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada o 30-4-2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Por decreto da Alcaldía, do 18 de xaneiro de 2002, aprobouse inicialmente o estudio de detalle,

no ámbito da unidade de actuación, sito en Vertín (Mondego), a instancia de Enrique e Juan Suárez Pena, redactado polo arquitecto Jorge Zapata Blanco. O dito expediente someteuse a un período de información pública, logo de publicación dos correspondentes anuncios no xornal El Ideal Gallego o 31 de xaneiro de 2002, e no Diario Oficial de Galicia nº 46, do 5 de marzo de 2002, sen que se formularan alegacións.

Esta Alcaldía, someteu para a súa toma en consideración, polo Pleno da Corporación a seguinte proposta de acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o devandito estudio de detalle, indicándolles ós señores promotores que deberán urbaniza-la totalidade da vía proxectada, cun largo de 8 m, co fin de cumpri-las previsións recollidas na documentación gráfica das normas subsidiarias de planeamento.

Segundo.-Notifica-lo presente acordo ós interesados no expediente, co ofrecemento das accións legais oportunas».

Contra a devandita resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpor recurso potestativo de reposición ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, consonte o disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Sada, 2 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado