Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 9 de maio de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de iniciativa privada presentado e promovido por Francisco Romar Blanco, con domicilio na rúa Corredoira da Torre, nº 5 (Santa Comba), para o desenvolvemento da área de reparto 24 (PNC-24) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo enxeñeiro de camiños, Pedro Quintáns Díaz.

Cotra o acto de aprobación definitiva, que por fin a vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, conforme o artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou desta Administración, conforme á Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116

e 117), no prazo dun mes, contado así mesmo, desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santa Comba, 13 de maio de 2002.

José Tojo Parajó

Alcalde