Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 24 de abril de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para o alugamento con opción de compra dunha furgoneta mixta para o servicio electromecánico e industrial do concello; por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o alugamento con opción de compra dunha furgoneta mixta para o servicio electromecánico e industrial do Concello de Lugo, de acordo coas características técnicas que se recollen no prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Non poderá ser superior a 12.621 euros, que serán pagados polo sistema de alugamento con opción de compra en 48 mensualidades, incluída a cota residual dun máximo de 310 euros.

5. Garantía.

Provisional: 252,42 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de concidicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre con posterioridade ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 600,07 euros que correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 2 de maio de 2002.

Luis Regal Pavón

Secretario

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde, delegado de área